INTÉRPRETES DA LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA - ILSE

O Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos Española (ILSE), púxose en marcha no ano 2007 asinando un Convenio co Concello de Lugo co que se creou o Servizo Municipal de Intérpretes de Lingua de Signos, cun obxectivo: a Supresión das Barreiras de Comunicación na nosa cidade.

¿QUE É O INTÉRPRETE?

É o recurso humano que facilita a comunicación entre as persoas xordas e as oíntes. É un profesional preparado cunha formación específica en Lingua de Signos Española e na  Lingua  Oral capaz de transmitir fielmente a mensaxe emitida.

O Guía-Intérprete é o profesional que  proporciona información obxectiva tanto da contorna física como interpersonal persoa xordocega. Ademais, realiza actividades de guía ou auxiliar de movilidad naquelas situacións onde sexan requeridas.

A formación de ambos profesionais recóllese no R.D: 2060/1995 de 22 de decembro, onde se establece o Título de Técnico Superior en Interpretación de Lingua de Signos Española, en actos tales como:

  • Consultas sanitarias públicas e privadas.
  • Reunións diversas.
  • Xestións administrativas.
  • Emprego e contratos de traballo.
  • Seguridade pública e protección civil.
  • Conferencias, charlas e actos públicos.
  • Xestións persoais da vida cotiá:
    • Entidades financeiras
    • Notarias, etc...
¿QUEN PODE SOLICITAR O SERVIZIO?

Calquera persoa xorda, sordociega, oínte, familiar, profesional, organismo público ou entidade privada que o necesite para calquera tema puntual coa fin de favorecer a comunicación coa/s persoa/s xorda/s ou xordocega/s.

¿POR QUE UN INTÉRPRETE?

Para facilita-la autonomía das persoas xordas nas xestións da vida diaria, potenciar a igualdade de oportunidades, a plena accesibilidade información, a comunicación e a participación activa na sociedade, a través da Lingua de Signos Española que é a lingua natural das persoas xordas.

NORMAS DO INTÉRPRETE

Os profesionais están suxeitos a un código ético no que os seus principios son a confidencialidad e o segredo profesional do seu traballo, fidelidade á mensaxe e imparcialidade.

Código Deontolóxico do Intérprete de LSE

¿ONDE E COMO SOLICITAR UN INTÉRPRETE?

Telf.: 010
Telf.: 982 297 350
Fax: 982 297 349
Móbil (solo SMS): 639 107 010
Correo electrónico: 010@concellodelugo.org
Web: www.lugo.es (servizo de intérprete)

NOTA: A solicitude deberá facerse cunha antelación mínima de 48 h.