O acceso á formación e ao emprego son dereitos fundamentais de toda a sociedade, e como membros desta, as persoas xordas deberían estar en igualdade de condicións neste ámbito.
Ao longo da vida de calquera persoa a formación e o emprego xogan un papel fundamental porque este é un factor influiente para o desenvolvemento persoal, familiar, social e económico, mellorando así a súa calidade de vida.
A sección de Formación e Emprego ten como propósitos a erradicación e prevención do desemprego entre as persoas xordas, loitar para conseguir a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e a formación, fomentar as medidas de acción positiva que faciliten a inserción laboral das persoas xordas, impulsar a igualdade de xénero no ámbito laboral e formativo.
Dende esta sección realízanse:
-
Accións de orientación laboral.
-
Asesoramento en emprego público e autoemprego.
-
Cursos de formación e orientación sobre cursos.